Naceu
en A Coruña en 1944. Ten obra por
toda Galicia e
polo mundo adiante. Gañou premios a moreas, e ven de expoñer na
prestixiosa mostra NordArt
2012 en
Büdelsdorf, Alemaña, e de facer a medalla conmemorativa que o
Parlamento de Galicia adica ó Día das Letras Galegas, na honra este
ano de Valentín Paz Andrade. Cinco preguntas, non máis, ó
escultor Manuel
Ferreiro Badía.
1.
Tes feito monumentos a Bolívar, Rosalía, Castelao, Torrente
Ballester e tantos outros. Con cal destes
persoeiros quedas?
Con Torrente
Ballester,
coñecíao e tiven a oportunidade de facerlle uns debuxos previos que
resultaron moi interesantes e facilitáronme un modelado
espontáneo e rápido.2. Por qué diante do monumento adicado a Cela en Padrón hai dúas esferas grandes de granito? Segundo constaba no proxecto estas dúas esferas de 120 cm. de diámetro representaban as esferas da creación e do coñecemento. O alcalde de entón non quixo que se puxesen na realización do monumento; alguén podería pensar que poderían ser usadas coma un pase-de-bolas nas despedidas de solteiro. Como estaban no proxecto vencedor do concurso realiceinas e coloqueinas no seu lugar. Adoitan facerse fotografías os visitantes colocándose no espazo que fica entre as esferas e o pedestal onde se atopa Cela. Despois de nove anos aínda non me devolveu o concello a fianza que depositei no seu día do 4%, a pesar de pedir a súa devolución varias veces.
3. Que farias coa Cidade da Cultura? Aproveitaría o seu peche temporal para quitarlle todas as escaiolas que se puxeron no seu interior. É outra arquitectura.
4. Como che ten condicionado traballar por encargo dunha administración pública? A maioría dos traballos públicos proveñen de concursos e execútanse tal e como están nos proxectos. Amáis son outros tempos nos que a autonomía do creador adoita estar xustamente valorada. Pensar que Velazquez tivo nove censores para que se axustase o tanto por cento de cada cor, para a disposición, número e situación de cada personaxe, a relaciónentre eles, os traxes, a dirección e intensidade da luz, etc e fixo… As meninas! 5. Dous lugares de Galicia. A Coruña que é onde nacín polo carácter da poboación, e calquera lugar da conca do Sil pola súa beleza.
