Cantos día sen aparecer por aquí ¿verdade? E aínda por enriba escribindo en galego... non, non vos preocupedes, non me deu o sol demais estes días... estou perfectamente!
O uso do meu idioma materno por primeira vez neste blog, ten a súa razón... a receita é moi galega... e unha empanada, e de millo, e leva choco; tres ingredientes moi vencellados a nosa gastronomía. Os que me coñecedes xa sabedes da miña paixón pola cociña galega, de feito, esta receceta xa está publicada aquí fai 5 anos... ¡como pasa o tempo!
Cuantos días sin aparecer por aquí ¿verdad? Y encima escribiendo en gallego... no, no os preocupéis , no me dio demasiado el sol estos días... estoy perfectamente!
Todo esto viene a que Setemedia Producciones Adiovisuales, está preparando un programa especial sobre la jibia "O mellor choco do mundo" para la Televisión de Galicia, y me pidieron que le preparara esta receta para el programa... He de confesar que en principio me dio mucho respecto... cocinar con una cámara al lado era algo que no tenía previsto, pero después de pensarlo detenidamente, llegué a la conclusión que era una experiencia que no podía rechazar, y así fue, estuve de los nervios hasta el comienzo de la grabación, sin embargo, en cuanto empecé a cocinar... ¡desaparecieron! Está claro... cocinar para mi es un relax!
Ingredientes:
Zaragallada
200 ml de aceite de oliva virxe
1 pemento vermello
2 cebolas grandes
2 dentes de allo
Sal
2 chocos medianos (650 g +- cada un) coa súa tinta (son comprados frescos e conxelados uns días)
2 tomates medianos ou 3 pequenos
2 follas de louro
2 ou 3 culleradas de viño branco.
O choco lavase e deixase escorrer moi ben, se e preciso secase con un pano, ou con papel de cociña. Cortase en anaquiños pequenos, e reservase.
Lavase o pemento secase e cortase primeiro en tiras de 1 centímetro mais ou menos, e despois en 4 ou 5 anacos, dependendo do longos que sexan. Limpamos e picamos as cebolas --eu córtoas pola metade, despois doulle dous cortes horizontais, e por último córtoas en xuliana gordiña. O allo pico moi miúdo. Os tomates pélanse e córtanse en anaquiños pequenos.
Engadimos os chocos, remexemos e a continuación botámoslle o tomate e o louro, deixase cocer un cuarto de hora a temperatura media. Eu esta empanada fágoa con, e sen tinta... non a todo mundo lle gusta vela ennegrecida! No caso de poñerlle tinta, engádeselle agora, mezcal ben e deixase cocer 10 minutos mais... os tempos son aproximados, os chocos non son todos iguais, teñan que quedar o dente, despois vanse acabar de facer dentar da empanada! Retiramos do calor e deixamos arrefriar.
Masa
500 g de fariña de millo (neste caso puxen branca e amarela o 50%,)
200 g de fariña de centeo
1 cullerada (de sopa) rasa de sal
15 g de levada fresca
Auga
A fariña de millo peneirase, neste caso pa que se mesturen, pero si uso unha sola, tamén a peneiro, e fágolle o mesmo a de centeo.
Quentamos un litro de agua e cando ferva botámoslle un vaso (200 ml) de agua fría, non ha imos a usar toda, pero acada un temperatura que vai ben.
Cubrimos unha bandexa con papel de forno.
E comezamos a montar a empanada, a masa de millo e moi branda e non se pode estirar cun rolo, hai que ir collendo coa man pequenas cantidades de masa, estiralas na man, e ir poñéndoas na bandexa pegadas unhas as outras. Outro problema de esta masa e que se pega as mans, así que estas teñen que estar impregnadas de aceite, o mellor e facelo cuns guantes de parafina, que con dúas o tres veces que se unten con aceite, dan pa montar toda a empanada sen pegarse nada.
Unha vez que teñamos toda a bandexa cuberta de masa, podemos pasar un garfo para que quede de un grosor uniforme. Esténdemos a zaragallada sobre a masa, e volvemos de novo a facer pequenas tortiñas para ir tapando a zaragallada, cando estea toda tapada, marcamos as racións con un coitelo e metémola no forno pa que se coza. Tarda uns 35-40 minutos.
Espero que vos guste!
Bo proveito!
Buen fin de semana!
Post scritum:
