Revista Opinión

Final do principio das eleccións galegas

Publicado el 05 septiembre 2012 por Vigilis @vigilis
A recente decisión de Esquerda Unida de formar o que eles chaman a «Syriza galega» cos escindidos de Beiras -que á súa vez chaman «fronte ampla»- máis os soviéticos da FPG e os sandías de Equo (maila secta humanista, juas), vai dando idea do aspecto que terán as listas nestas vindeiras eleccións. É curioso que a decisión da cúpula de EU teña que ser refrendada polas súas bases pero que iso se dea como mero trámite. Logo falan de democracia interna; vaites, vaites.

Final do principio das eleccións galegas

Yolanda Díaz, coordinadora xeral de EU-IU.
Cando non fala non parece estar tola.

O culebrón dos pactos electorais é unha historia moi absurda. Poñamos que hai dous principais grupos novos, CxG e Anova, escindidos do BNG (no que hoxe domina sen cortapisas a UPG). Ben, pois por unha banda CxG pediu unha coalición a Anova rexeitando calquera pacto cos «españolistas» de Esquerda Unida. Pola outra banda, Anova, moi influenciada polas ideas tolas do Beiras (acho que lle molan os tupamaros e os movimentos de liberación nacional hispanoamericanos. Cousas veredes), lanzou un ofrecimento de formar unha coalición a todo o mundo (incluíndo ese BNG que abandonou hai uns meses) cun único punto no programa: ir en contra do PP. Os de CxG, en principio, rexeitaron o ofrecemento por incluir ós españolistas de EU. Ben poden cambiar este mesmo serán de opinión, pero o salientable aquí é que se supón que CxG é o grupo «moderado» (¿respecto a que?) e sábese que Anova é directamente independentista. Pois ben, son os independentistas os que non teñen problema en arrimarse ós supostos «españolistas» (que de tódolos xeitos, todo o hai que dicir, defenden o chamado dereito de autodeterminación para Galicia).
Namentres, o PSdeG-PSOE, está cun señor que se librou das primarias gracias á convocatoria de Feijóo. Un que fora conselleiro no infeliz bipartito de infausto recordo. Un señor que antes fora alcalde de O Carballiño e que se xacta de levar case toda a vida en política. Un señor con complexo de esparadrapo (está ahí para tapar un burato), que na vida pensou que iría de candidato a presidir a Xunta. Disque é por iso que xa está a soltar promesas electorais coma se non houbera mañán.

Final do principio das eleccións galegas

Xoán Bascuas, de +Galicia, escisión do BNG
que agora está en CxG.
Traballou no bipartito co candidato do PSOE, lol.

Todos estes mencionados, teñen o mesmo programa político, votar a un deles é votar a calquera deles porque se as matemáticas o permiten, non dudarían en facer todo o posible por tocar Xunta. Nisto se basa a campaña de Feijóo. O presidente non deixa de repetir que se el non gana, ter un goberno de coalición sería un lío. Acho que é a campaña máis sofisticada do mundo. Mellor lle iría se no canto de vacilar ós comunistas, se adicara a coidar do seu electorado. O PP de Galicia chegou á Xunta tralo bipartito e, salvo un par de retoques, mantivo toda a política aprobada polo anterior goberno pese a prometer desfacerse dela. Ahí quedan as galescolas, as normas do habitat e sobre todo, o decreto da lingua, que aínda estamos a intentar saber en que demos estaba a pensar cando o aprobou. Tamén está a fusión de concellos que non acaba de arrincar, que o seu partido potencia as deputacións provincias, tódolos escándalos de corrupción do PP destes últimos anos, a intentona de reducir o número de deputados no Parlamento, a subida do IVE, de todo o que podían subir e, por riba de todo, o comportamento inexcusable do Partido Popular no que toca ós etarras. Sen diferenzas co PSOE, votar ó PP é tirar o voto á basura. Os orixinais son sempre mellores que as copias, e se o PP tanto quere ganar electores pola esquerda, que quede con todos. Que pacten con Bildu facer sacrificios humanos e que levanten as quechua na Porta do Sol, que parece que é o que desexan facer.
Outros
Semella que UPyD vaise presentar. Se chega ós 25.000 votos pódese dar cun canto nos dentes. Tamén parece que estará o partido de Mario Conde que coido que non pintará tampouco nada. Ata ahí os partidos socialistas. Entendo que alguén non socialista queira votar a algún destes pero eu dende hai algún tempo xa non aturo ós partidos do sistema (e non son antisistema, máis ó contrario: acho imprescindibles institucións fortes e trasparentes que sirvan de garantía dos dereitos individuais, da propiedade privada e do libre mercado). Nestas eleccións tan só os converxentes falan neste sentido: impostos baixos, quitar a graxa pública, preferencia das eleccións persoais fronte ás eleccións burocráticas, etc. É a única alternativa liberal que se presenta e carece de débedas do pasado, así que polo menos comezan co expediente limpo.
Traducción al castellano
La reciente decisión de Izquierda Unida para formar lo que ellos llaman el 'Syriza gallego' con los escindidos de Beiras, -que a su vez ellos llaman "frente amplio"- los soviéticos del FPG y las sandías de Equo (más la secta humanista, juas), está dando una idea de lo que se verá en estas próximas elecciones. Es curioso que la decisión de los dirigentes de IU necesite ser refrendada por sus bases, pero se presenta como una mera formalidad. Después hablan de democracia interna; ya.
El culebrón de los pactos electorales es una historia muy absurda. Digamos que hay dos principales novedades, CxG y ANOVA, salidos del BNG (que ahora domina sin cortapisas UPG). Bien, pues por un lado CxG piudió una coalición a Anova rechazando todo pacto con los «españolistas» de IU. Por otro lado, ANOVA, muy influido por las ideas locas de Beiras (creo que le molan los Tupamaros y los movimientos de liberación nacional hispano. Cosas veredes), ha lanzado una oferta de coalición a todo el mundo (incluido el BNG que abandonaron hace meses), con un único punto en el programa: ir en contra del PP. CxG, en principio, rechazó la oferta por incluir a los españolistas de IU. Pueden cambiar esta misma tarde de opinión, pero vale la pena mencionar aquí que se supone que CxG es "moderado" (¿con respècto a qué?) Y sabemos que Anova pide directamente la independencia. Pues bien, los independentistas son los que no tienen ningún problema en arrimarse a "españolistas" (de todos modos, estos "españolistas" defienden el llamado derecho de autodeterminación para Galicia).
Mientras tanto, el PSdeG-PSOE, está con un señor que se libró de las primarias gracias a la convocatoria de Feijóo. Uno que había sido consejero en el infeliz bipartito de infausto recuerdo. Un hombre que antes había sido alcalde de  Carballino y se jacta de llevar casi toda la vida en política. Un hombre con complejo de esparadrapo (está ahí para cubrir un agujero), que pensaba que en la vida sería el candidato a presidir la Xunta. Será por eso que deja caer las promesas electorales como si no hubiera mañana.
Todos los mencionados tienen la misma agenda política, votar por uno de ellos es votar por cualquiera de ellos, porque si las matemáticas lo permiten, no dudarían en hacer todo lo posible para tocar Xunta. En esto se basa la campaña de Feijoo. El Presidente sigue repitiendo que si no gana, tener un gobierno de coalición sería una lío. Creo que es la campaña más sofisticada del mundo. Mejor sería que en lugar de vacilar a los comunistas, se dedicara a cuidar de su electorado. El PP de Galicia llegó a la Xunta después del bipartito y, a excepción de algunos retoques, mantiene toda la política adoptada por el gobierno anterior, a pesar de las promesas de deshacerse de ella. Ahí quedan las galescolas, las normas del hábitat y, sobre todo, el decreto de la lengua, todavía estamos tratando de saber en qué diablos estaban pensando cuando lo aprobaron. También está la fusión de municipios que no acaba de arrancar, el apoyo a las diputaciones, todos los escándalos de corrupción del PP en los últimos años, el intento de reducir el número de diputados en el Parlamento, la subida del IVA, todo lo más que suben y, sobre todo, el comportamiento inexcusable del Partido Popular cuando se trata de ETA. Sin diferencias con el PSOE, votar al PP es tirar el voto a la basura. El original siempre es mejor que la copia, y si el PP tanto quiere ganarse a los votantes de la izquierda, que se queden con todos. Que pacten con Bildu hacer sacrificios humanos y que levanten las quechua en la Puerta del Sol, que parece que es lo que desean hacer.
Otros
Parece que UPyD se presentará. Si alcanza los 25.000 votos se puede dar con un canto en los dientes. También parece presentarse el partido de Mario Conde que creo que tampoco pintará nada. Hasta aquí los partidos socialistas. Entiendo que alguien no socialista quiera votar por alguno de estos, pero yo desde hace algún tiempo ya no soporto a los partidos del sistema (no es que sea antisistema, al contrario: me parece esencial que haya instituciones sólidas y transparentes que sirvan como garantía de los derechos individuales, la propiedad privada y el libre mercado). En estas elecciones, los converxentes son los únicos en hablar en este sentido: menos impuestos, quitar la grasa pública, preferencia de las elecciones personales frente a las eleccións burocráticas, etc. Es la única alternativa liberal que se presenta y sin deudas con el pasado. Por lo menos, empiezan con el expediente limpio.


Volver a la Portada de Logo Paperblog