Revista Cultura y Ocio

Literatura en galego interesante

Publicado el 13 enero 2018 por Kericolo @PalabrasyMundos
De volta polo mundo das letras despois de tanto tempo, déixovos un pequeno lote de libros que para min teñen unha pinta estupenda para empezar o ano 2018 lendo.
TODO O MUNDO!! " de Anja Tuckermann
Literatura en galego interesante Editorial: Hércules Ediciones Páginas: 40 Encuadernación: Tapa Dura Ilustración: Tine Schulz Traducción: Rosa María Gómez Pato Idioma: Galego
Todas as persoas descendemos dos nosos antepasados en África e, por tanto, somos o froito de múltiples movementos migratorios. Desde sempre os seres humanos víronse empuxados a trasladarse por motivos moi diferentes: desde o desexo de coñecer novos lugares, por amor, para compartir saber ou habilidades ou para fuxir da fame, a guerra ou a persecución. Así se foron formando as diferentes culturas e así se foron constituíndo as nosas sociedades multiculturais actuais. As nenas e nenos deste libro proceden de todas partes do mundo e falan diferentes linguas, pero todos viven agora en Galicia. Algúns acaban de chegar, outros naceron aquí. A diversidade cultural pode ser moi enriquecedora, pero ás veces tamén é fonte de problemas orixinados polo descoñecemento e os prexuízos. E é por iso que, para asegurar unha boa convivencia, non hai nada mellor que coñecer cos nosos fillos aos nosos veciños e veciñas, tal e como propoñemos en “Todo ou mundo!”.Literatura en galego interesante AS QUE MÁIS MOLAN!!! de Uxía Magín Blanco
Editorial : Galaxia Páxinas : 24Deseño : Carton Dimensións : 145 x 145Data Publicación : 29/11/2017Colección : SonárboreISBN : 978-84-9151-101-4Edición : 1ª ed.Nº na colección : 1
Estamos de festa,
cumprimos 5 anos de viaxe enchendo vagóns de amizade e de alegría, pero tamén de convivencia e integración do diferente.O noso maquinista Ruí e toda a familia María Fumaça celebrámolo reunindo un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás vosas favoritas. As que máis molan é a nosa maneira de demostrarvos o moito que vos queremos. Témosvos sempre no noso corazón.BOA VIAXE!

Volver a la Portada de Logo Paperblog