Al final, como temía, fue un gran día . De las tres nominaciones nos llevamos una, lo suficiente para evitar críticas sin irnos con las manos vacías. Si es que el Universo es sabio XD.
Gran ponencia de Serantes, al que al fin desvirtualicé. Ritmo ágil, evento agradable. Muy buena comida…
Os pego fragmentos de la entrevista que me hicieron [en gallego] poco antes del evento… y algunas fotos del día:
-MexilOnseTuits: Imaxina que no colexio do teu fillo de 5 anos vos piden aos pais que expliquedes a vosa profesión aos demáis cativos. Cómo o farías ti? Qué cres que entenderían eles?
-Rubén Bastón: Non teño fillos como para poder imaxinalo con certeza, pero sen necesidade de ser na escola, tenme pasado máis dunha vez na mesa, na casa, coa miña familia, tratando de explicarllo á miña avoa ou mesmo a meus pais. Dígolles que nos encargamos de xenerar estratexias e campañas de comunicación e publicidade en medios sociais de Internet. Adoitan quedar como están e inténtoo de segundas: facemos contidos pero, en vez de en xornais ou televisión, en Internet e para empresas. Quédanse con que traballo en contidos en Internet e, como di a miña avoa “O importante é que non traballe en cousa mala”.
-MexilOnseTuits: ¿É fácil desconectar da túa profesión, ou pola contra, vives máis online que offline?
-Rubén Bastón O certo é que vivo moito online. Non teño a sensación de que me “roube” vida, senón de que ma amplía, que a comparto con máis xente e entérome de máis cousas a un tempo; supón moitos máis estímulos. Isto non quere dicir que non goce da vida offline, pero si recoñezo que teño pouca paciencia e a pouco que me aburra tiro de móbil… Para desconectar, para desengancharme, necesito un par de días, polo menos… É agradable, moi relaxante, pero é como ir de vacacións: está ben porque sabes que vai rematar, doutro xeito botaríao moito en falta.
-MexilOnseTuits: Imaxina que tes un fill@/sobriñ@ recén licenciado, centrado na busca de traballo. Qué consellos lle darías ti como experto en Social Media? Qué lle recomendarías que NON fixese?
-Rubén Bastón Mellor un curmán ou un amigo… . Diríalle que aproveite as oportunidades que lle brinda Internet. Que non espere a que o chamen ou a ter traballo para demostrar que sabe daquilo que estudou ou ao que quere dedicarse. Que monte un blog e o demostre. Que sexa activo en Twitter e se manteña en contacto coas referencias do seu sector. Que emprenda pequenos proxectos vencellados a iso que quere facer profesionalmente, porque a Rede permíteo. Antes non, pero agora a xeneración de contido está democratizada e pode conseguir chegar a unha entrevista e que o entrevistador poida valorar que sabe porque o teña buscado no Google ou se cadra mesmo o siga no Twitter. Supón esforzos, pero nun momento con tanta competencia, hai que diferenciarse e esforzarse para ser o escollido.
-MexilOnseTuits: Qué recomendarías facer cando por “meter a pata” aparece unha situación de crisis de reputación?
-Rubén Bastón: Unha crise de reputación é o que pon a proba a preparación dunha marca para os medios sociais. Navegar con vento de popa faino calquera… Unha crítica ou un erro é por unha banda un risco pero pola outra unha oportunidade de resolvelo correctamente e fidelizar a Comunidade. Se chega a crise non é por un erro, senón por dous: porque houbo un erro inicial e, ademais, un segundo erro na súa resolución. Chegados a ese punto: rapidez na resposta, unha desculpa sempre na boca, as costas ben duras para recibir críticas e a mirada cara adiante para pasar páxina canto antes.
-MexilOnseTuits: ¿Cómo lles fas ver aos teus clientes, que no Social Media a estratexia se adoita cumprir a medio-longo prazo?
-Rubén Bastón Repetíndollo moitas veces . Os clientes sempre queren resultados a corto prazo. Se non chegan a entender a visión a máis longo prazo, a solución está en marcar obxectivos cualitativos e cuantitativos que se vaian cumprindo aos poucos e dimensionando os cartos que habería que investir en caso de querer “acelerar o ritmo”. Vendo o que custa medrar ben e rápido, por norma xeral, adoitan entender mellor o do medio prazo.
- MexilOnseTuits: Hai un pouco máis de tres anos coñecimos o qué era un “Hashtag” polo post do teu blog. ¿Cál é o Hastag que mellor define a Rubén Bastón?
-Rubén Bastón Quen diría que un post tan sinxeliño sería o máis visitado do meu blog. Os camiños do Social Media son inescrutables. Se o hashtag fose do eido profesional teríao fácil: #socialmedia. No campo vital: #lapaman. Lapamán é a praia á beira da cal me criei e onde “case” vivo, lugar do que sempre fixen bandeira, o meu primeiro nickname en Internet, o nome do meu primeiro blog, ata acabou con canción propia nunha obra de teatro da Universidade. Se “son” un hashtag, ese é #lapaman.
Por mi parte, me sumo a los geniales agradecimientos del director del evento. ¡Enhorabuena y a por el siguiente!
Posts relacionados:
- Festival de Social Media de Galicia en Bueu: MexilOnseTuits
- Entrevista a Rubén Bastón en Xornal de Galicia
- Entrevista en el diario De luns a venres