Revista Ciencia
Co gallo da celebración o 8 de marzo do Día da Muller Traballadora, o Decanato e a Biblioteca da Facultade de Química organizan conxuntamente unha pequena mostra bibliográfica baixo o título MULLERES NA QUÍMICA.Trátase dunha escolma dos fondos da Biblioteca da Facultade coa que se pretende visibilizar o importante papel das mulleres no pasado e no presente da investigación química, un papel que sen dúbida vai seguir medrando no futuro.A mostra poderá visitarse entre os día 7 e 18 de marzo na planta baixa da Facultade de Química.Penso que pode ser unha experiencia interesante; se tedes ocasión anímovos a que visitedes esta exposición. Terá lugar en Santiago de Compostela na facultade de química.Descubrirlaquimica. Estudiante de química en la USC.06/03/2016