Revista Arte

No pasamento de Tim Beherns

Por Andrés R. Morado
No pasamento de Tim BehernsCando estudaba Maquinas Navais en A Coruña adoitaba pasar algunhas tardes pola Biblioteca do Forum Metropolitano, cando cadraba ter que devolver algún libro. Era unha biblioteca con demasiado boureo para o estudo: moitos vellos comentando esquelas, moita xente nova emprestando libros de Irvine Welsh e cds de Lenny Kravitz e unha mestura entrañable de nenos, opositores e ionquis agardando fronte ós dous ordenadores para se conectar 15 minutos máximo a Yahoo. As derradeiras pinceladas do século XX de calquera barrio galego.Algunha daquelas tardes cruzaba no Forum cun vello que non era coma os demais vellos. Solitario, alto, con ollos claros, cabelo cano e algunha mecha rubia dispersa. Un guiri. Ás veces vestía americanas de cores, con aspecto desaliñado e pinta de bebedor ben. E no ollo dereito, un parche pirata. Un cadro.Co tempo as circustancias leváronme a escribir as biografías dos autores das obras da colección de arte Fundación María José Jove, onde había un par de cadros dun tal Tim Behrens. Aqueles lenzos non casaban coas aspiracións que xa daquela manexaban na Fundación, probablemente foran adquisicións persoais do magnate nun primeiro momento de coqueteo coa arte, mais o certo era que cada noite Estudio de pintor e Recuerdo de Portugal durmían baixo o mesmo teito que Kandinskis, Picassos e Bourgeois nunha nave do Polígono de Agrela.Alí coñecín a Tim Behrens unha mañá. Era un home de trato amable, acento Michael Robinson i expresión acorde á súa imaxe atribulada, a dun artista londinense bohemio de boa famlia que pasou os últimos 30 anos da súa vida en Galicia, ó seu, logo duns cantos anos de tumbos polo mundo. Un Man de Camelle urbano, se cadra.Estudou na Slade School de Londres, que non é pouco. Alí coñeceu a Lucian Freud, para quen posou e den quen foi  bo amigo. Tamén de Bacon e Aurbach. Aínda que facendo paisanaxe, Behrens estivo no mundiño artístico da súa época, que é case coma dicir o mundiño artístico do século XX.A finais dos 60 marchou a Italia e comezou a escribir poesía, chegou a publicar poemarios en Galicia, admiraba a Rosalía. Seguiu pintando até o final con certo recoñecemento i expoñendo aquí e alá. Chegou a Galicia por recomendación do maiordomo que traballaba para os seus país, que era de Ourense. Vivía en Culleredo coa sua muller, tamen artista i ex moza do baixista de The Clash. Pintaba paisaxes e cans, os seus. Paraba bastante polo Calypso.Sobre a súa pintura daquela escribín que “a pintura figurativa británica do último terzo do século XX se por algo caracterízase e pola pluralidade estilística, mais quedan rasgos que a fan diferente a outras aproximacións figurativas. Behernes é partícipe desas sinais comúns con plantexamentos plásticos que exclúen o narrativo e o explicativo, con tendencia ó expresionismo e unha certa aposta por valores tradicionais da pintura en canto ó uso preferente do óleo en pinturas de cabalete, o que, malia que poida sorprender, leva aparelladas unhas cualidades expresivas de maior énfase e liberdade, coma a linguaxe plástica de Behrens.”Non sei se o chegaría a ler, espero que non porquemadremía. Descanse en paz Tim Behrens.

También podría interesarte :

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Quizás te interesen los siguientes artículos :

  • No me beses (PALA)

    El poeta y cantautor colombiano PALA nos regaló este poema, te invito a descubrirlo... The post No me beses (PALA) appeared first on Poesía a mano alzada. Leer el resto

    Por  Leandromurciego
    CULTURA Y OCIO
  • Productos light no light

    Cotilleando por internet sobre la mejor manera de conserva un cuerpo decente pese a las edades que ya tiene una, aparte de dieta y ejercicio, encontré un... Leer el resto

    Por  Mayriel
    CULTURA Y OCIO, TALENTOS
  • Faith Hill, la mujer de Tim McGraw

    Faith Hill, mujer McGraw

    Audrey Faith Perry nació en Mississippi en 1967. Fue adoptada por una familia profundamentre religiosa. Al poco de cumplir nueve años, asistió a un... Leer el resto

    Por  Eduardodefrutos
    CULTURA Y OCIO, MÚSICA
  • No respires

    respires

    Debería existir una máxima en el mundo del cine que impidiese rodar un remake si éste no nace con la ambición de mejorar, igualar o, por lo menos, introducir... Leer el resto

    Por  Pablito
    CINE, CULTURA Y OCIO
  • No caducan

    caducan

    Hace no muco tiempo hablé sobre esos alimentos que se pueden consumir sin problemas pese a estar caducados. Esos que aunque se haya pasado la fecha de consumo... Leer el resto

    Por  Mayriel
    CULTURA Y OCIO, TALENTOS
  • Opinión-El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares de Tim Burton

    Opinión-El hogar Miss Peregrine para niños peculiares Burton

    Una horrible tragedia familiar deja a Jacob, de 16 años, viajando por la costa de Gales, donde descubre las ruinas del hogar para niños peculiares de... Leer el resto

    Por  Soycazadoradesombras
    CULTURA Y OCIO, LIBROS, TALENTOS
  • El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares, Tim Burton comparte su...

    hogar Miss Peregrine para niños peculiares, Burton comparte peculiaridad nosotros

    "El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares" es la nueva propuesta del querido y odiado Tim Burton, basándose en el libro homónimo de Ransom Riggs el... Leer el resto

    Por  La Henryteca
    CINE, CULTURA Y OCIO

Revistas