Traio ata as vosas mans un libro novo, de Miguel Alonso, autor e cantautor galego, de título "O caso Quintana" o libro ven da man de Belagua Ediciones. Aquí deixo a sinopse e a información sobre o seu autor que resultará do voso interés.
Sinopse:
Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comenzar a súa vida universitaria. Independencia, novas amizades, festas...Qué pode sair mal?. Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado.
Nos corredores da facultade de Psicolosía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional como Laura Mariño, a súa compañeira de cuarto. Irreverente, intelixente e extraña. Unha rapaza pouco convencional, cun xeito propio e diferente de moverse polo mundo.Xunto a ela vivirá a aventura máis grande e perigosa da súa vida: a investigación de dous asasinatos cometidos na propia facultade.
Miguel Alonso (Ferrol,1984)
Miguel Alonso é licenciado en Psicoloxía, músico e escritor. Conta con varios discos publicados e recibiu prestixiosos premios tanto a nivel galego como no estado español, entre os que destacan o Xuventude Crea (2010) e una Axuda a Creación Nova de Injuve (2013).
Como poeta e escritor de relatos curtos recibiu varias distincións e participou en diferentes publicacións colectivas, entre as que destacan "Pegadas"(2011), "Dez anos na porta" (2016) e "Aldeas sen voz"(2016).
"O caso Quintana" é a súa primeira novela.
Lee os primeiros capítulos en http://www.belaguaediciones.com/wp-content/uploads/11-18.pdf
Próximas presentacións da sua novela:
30/06/2017: Feira do Libro de Vigo (Presentación)05/08/2017: Feira do Libro de A Coruña (Presentación)
Moita sorte Miguel¡¡