Revista Cultura y Ocio

"Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos" de Benigno Campos

Publicado el 25 julio 2016 por Kericolo @PalabrasyMundos
Novo libro de Benigno Campos de título "Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos" que a Editorial Galaxia inclúe neste caso no seu apartado de Cociña. Un libro de 168 páxinas que agocha un total de unhas perfectas 150 receitas de peixe e mariscos moi apetitosas, todo hai que dicilo.
150 receitas das que, tras comparar este libro co seu libro "A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos", vemos que nesta ocasión na súa labor de investigación o Señor Campos atopou unhas 89 receitas novas (non comparéi con todos os seus libros) e algo así como unhas 70 das súas recetas xa apareceron en libros anteriores. Por suposto, estou a falar soamente de receitas peixes, mariscos e empanadas.
Receitas explicadas con sinxeleza nas que acompaña unha suxerencia dun viño co que refrescar as gorxas no xantar das mesmas. 
O libro divídese en tres partes, unha maravillosa de Empanadas, onde todas son receitas novas menos unha desas empanadas que xa aparece noutros dos seus libros, en total doce empanadas douradiñas e ben olorosas (digo eu, que só vendo as imaxes xa as podo ulir). Estas empanadas recheas dos compangos máis variados e sabedeiros de peixes  e mariscos, feitas con tres masas diferentes, algunhas feitas coa masa clásica de pan, outra con fariña de millo, centeo e trigo, e noutras receitas as fai con masa de viño. Ribeiros brancos e albariños farán as delicias daqueles comensais que decidan tomar algunha destas ricas empanadas.
Unha sección de Mariscos, onde atoparedes receitas cocidas e listas para comer e outras receitas máis elaboradas. Os mariscos...variados, apetitosos...mmmm, todos acompañados de viños brancos, albariños, do Rosal.
A derradeira sección e máis extensa e a de Peixes, con 115 receitas de peixes moi variados como o ollomol, a pescada, a troita, sardiñas, sanmartiños e moitos máis, acompañados de unha gran variedade de ingredientes de gran calidade e por suposto sempre procurando que sexan sempre productos da nosa terra.
Que máis os podo dicir deste libro...eu como cociñeira que son xa probéi alguhas destas recetas, xa que teño un libro anterior de Benigno Campos e podo dicir que son exquisitas e ben feitas, o bacallao esmiuzado, o peixe sapo ao meu seito, evidentemente o polbo a feira, as ameixas con fabas,  Das receitas novas..moitas gañas desas empanadas, dese bonito en rolo, dun bacallau confitado con fabas ou desas luras recheas de gulas e langostinos entre outras. Sorprendeume atoparme un txangurro e un linguado meuniére por non ser unhas recetas típicas galegas, pero que xa se convertiron nun clásico nas nosas terras. Ahhh si, outra cousa...aiiii esas fotos¡¡¡¡¡¡¡ Complemento perfecto do libro, as fotos, a todo color, cunha presentación perfecta, pena non poder meter o dedo nas cazolas para degustar eses sabores auténticos da nosa terra¡¡
Un exemplar que gustará a todos aqueles que queran cociñar os nosos productos e as nosas receitas, no que atoparedes 89 receitas novas, recollidas como di Benigno tras falar con familias mariñeiras que lle aportaron consellos para cociñar os nosos productos da maneira máis axeitada, de tal maneira que se poda sacar o mellor da nosa gastronomía galega e o mesmo tempo recordar e recuperar os antigos usos e costumes que se van perdendo.
Un bo agasallo, útil, saboroso (ainda que o libro non é de comer¡¡), con receitas galegas para xente que xa se move ben pola cociña, iso si, mais tamén con receitas fáciles que poden facer eses que se arriman por primeira vez ós fogóns. 

Volver a la Portada de Logo Paperblog