LUIS SEOANE. ARTE E INDUSTRIA
Fechas: 25 Noviembre 2010 - 2 Diciembre 2010
Participantes: Juan Manuel Bonet, Xosé Díaz, Isaac Díaz Pardo, Manuel Gallego Jorreto, Xavier Seoane
Coordinación: Manuel Gallego Jorreto
Anuncio do ano 1952 realizado por Luis Seoane
O xoves 25 de novembro
o escritor y crítico de arte, Juan Manuel Bonet, será o encargado de
abrir o ciclo Seoane, arte e industria coa conferencia Introducción á figura de Luis
Seoane. O ciclo, coordinado polo arquitecto e Premio
Nacional de Arquitectura Manuel Gallego Jorreto, servirá como peche dun ano no
que a Fundación Luis Seoane realizou un esforzo de difusión da obra e vida dun
dinamizador cultural e artista irrepetible tanto a través de exposicións,
simposios e congresos, como da edición do Dicionario Seoane ou de documentos
audiovisuais que reflexasen profundidade da obra e do pensamento dun creador
comprometido.
O venres 26 intervirán
a partir das 19:15 o escritor Xavier Seoane coa conferencia Teoría, compromiso
e acción e o deseñador gráfico Xosé Díaz, quen afondará nos conceptos básicos
da práctica como deseñador de Seoane a través de Teoría e praxis do
deseño en Luis Seoane.
O xoves 2 de decembro,
ás 19:15 o arquitecto Manuel Gallego Jorreto tratará a figura de Seoane en
relación co Laboratorio de Formas e, pechando o ciclo, terá lugar unha mesa
redonda na que participarán Isaac Díaz Pardo e Andrés Fernández Albalat entre
outros. A entrada é libre ata completar aforo.