Revista Cultura y Ocio
PIRILAMPO son: Xose Lois (Voz), Gala (Acordeón), Cristina (Frauta), Álex (Percusión Tradicional), Sergio (Guitarra), Antía ( Percusión) e tamén... Andrea (Voz), Arturo (Percusión), Tito (Baixo) e Erea ( Gaita). Nace no ano 2010 como continuidade de Fol do Vento e ten editados varios cedés pensados para a rapazada. Fai música infantil e en galego. Teñen actuado en todo sitio de lugares: centros educativos, asociacións culturais, prazas públicas…Nesta ocasión sorprenden coa súa participación na creación do libro-disco "Teatro de Guiñol" xunto coa Editorial Galaxia e a Iván R o ilustrador do libro.