Revista Arte

Unha carga policial neoclásica

Por Calamar
Unha carga policial neoclásica
Hai algo menos dun mes, o pasado 27 de febreiro, o sindicato CIG convocou en Galicia unha folga xeral contra a nova reforma da Seguridade Social que amplía a idade de xubilación, aumenta a cotización necesaria para o acceso á mesma, e rebaixa a contía das pensións. Non di nada, tamén é certo, de latigazos ou demáis flaxelos físicos. Das imaxes daquela xornada retiven esta gran fotografía de José Pardo que foi publicada en La Voz de Galicia. O profesor Castiñeiras trazaría nela unhas cantas liñas compositivas que confluirían naquel paraugas vermello e verde do fondo, e destacaría o afianzamento triangular das pernas dos protagonistas. E nós poderiamos falar do xeito polo cal o uso da luz, fría, consegue levantar un espazo teatral, unha luz de claraboia que xa víramos en Caravaggio, e non deberiamos esquecer sinalar a gravidade e perturbación do tema plasmado. E podería entón parecer que fose unha fotografía de Jacques-Louis David no Polígono de A Gándara.

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Revistas