Revista 100% Verde

A lenda de vilar de fraga

Por Nofler @nofler8
A LENDA DE VILAR DE FRAGA
 @VilarDeFraga
Contan os maiores do lugar, que houbo un tempo, en que a Fraga tivo un propietario que a AMABA, o sr. SILVEIRA chamábase.
Tiven a gran sorte de coñecerlle, sinto afortunada.
Mentres el viviu, mantivo VIVA a FRAGA DE VILAR DE FRAGA, lonxe de manipulacións, mantívoa INTACTA, como era cen anos antes, a salvo da avaricia e a tan repetida e nomeada, especulación humana.
Houbo moitos interesados en comprar esa FRAGA, todos con fins destrutivos para a natureza e para VILAR DE FRAGA.
Pero o sr. Silveira, herdeiro da FRAGA, fiel aos seus antepasados, tomou sempre a mellor decisión, MANTELA VIVA E COIDALA.
Ese bonito lugar máxico e sagrado, mantívose igua, como en tempos pasados. Precisamente, ese, era o seu encanto, o seu segredo mellor gardado!!!
Grandes árbores que daban sombra a vendedores ambulante, que xunto aos seus animais, cansos e cargados, tras unha longa viaxe, descansaban antes de chegar ao seu destino, A FEIRA DA COMARCA, a que un día xa afastado, foi a famosa FEIRA DE VISTA ALEGRE, hoxe trasladada á FEIRA DE PAIOSACO.
Punto de encontro de mercadores, artesáns, agricultores, gandeiros e xentes de toda a comarca.
Fermoso lugar cheo de carballos centenarios, rodeado por muros de pedras envolvidos en brión. Escenario máxico! digno de calquera lugar sacro dos nosos antepasados CELTAS.
Un espazo fresco e sombrío, onde a luz apenas se abre espazo timidamente e á vez suamente penetra entre follas e ramas, acariñando cos seus reflexos as sombras das árbores, espazo benditamente refrescante en veráns calorosos.
Gran agocho de jabalíes, lobos e demais habitantes do bosque, viveiro de cogomelos e fungos, reserva natural dos últimos sobreviventes de moitas especies en perigo de extinción.
"Carballeira" típica galega que atopas en calquera pobo ou aldea, pequeno bosque de carballos que dan nome á FRAGA, a VILAR DE FRAGA. Acubillo de animais e xentes, que que á feira encamiñábanse, lugar onde amarraban os animais baixo a valiosa sombra de grandes árbores, mentres a poucos metros nun rústico mercado, concentrábanse xentes de remotos lugares.
Contan, que houbo un home interesado en comprar un gran CARBALLO, da fermosa FRAGA, un exemplar único entre esa gran familia de carballos, cuxa beleza, cegaba a todo aquel que o contemplaba...
Ese home, empeñado en facerse con semellante monumento natural, estaba disposto a pagar o que fose. Pero o Sr. Silveira, defensor da FRAGA, non cedeu ante aquela tentadora oferta, xa que amaba o que non se paga con diñeiro...nin con nada...
O gran CARBALLO salvouse do seu traslado e ao fin puido quedar na FRAGA; co resto de carballos e demais árbores autóctonas.
Pero ocorreu o que ha de ocorrer, que todo chega ao seu fin, chegou o día no que o Sr. Silveira, morría e con el gran parte da súa herdanza, a FRAGA, as árbores con máis lenda, fóronse con el, o seu fiel guardian...
Os amantes da natureza que vivimos con respecto á VIDA, manteremos vivo o recordo do que conservou con todo RESPECTO o que herdou dos seus antepadados.
amor á natureza
#TodosSomosUno xunto á nai terra
A LENDA DE VILAR DE FRAGA

Volver a la Portada de Logo Paperblog