Revista Cocina

Boas Festas! Felices Fiestas!

Por Rumbovino @rumbovino
Boas Festas! Felices Fiestas!
Tempo de festa, de inversión e de agasallos en Roma: As Saturnalia:
       As Saturnalia eras as festas máis populares do calendario romano. Saturno, deus do plantío e das colleitas, fora expulsado do Olimpo por Zeus e acollido no Lacio como rei, onde propiciou un tempo no que deuses e mortais convivían en paz e prosperidade; un tempo tan feliz que se lle chamou a Idade de Ouro
.

     As festas celebrábanse tralas sementeiras de outono. Comezaron sendo dun só día, o 19 de decembro, para pasar a durar sete días, do 17 ao 24, na época de Cicerón. Cando a reforma do calendario Xuliano, ano 45 a. d. C., o mes de decembro medrou dous días e as Saturnalia adiantaron o seu comezo ao 17 de decembro.
    Augusto quixo reducir o tempo de festa a tres días e Calígula a cinco pero o pobo non renunciou a aquela semana de relaxación moral, sen traballos, días para beber e comer sen control nos que ata os amos servían aos escravos. Intercambiábanse agasallos como as sigillaria, pequenas figuras ou monecas de terracota ou prata que se regalaban aos nenos, e cerei, velas coas que os máis humildes soían agasallar aos seus patróns en representación, seguramente, do desexo da chegada da luz do sol despois de tanto tempo de escuridade. Tamén se poñían árbores nas prazas públicas cangadas de xoguetes.

   Nos días das Saturnalia as prohibicións quedaban aparcadas, invertíase a orde social, os escravos eran tratados como iguais polos amos e mesmo lles era permitido vestir as súas roupas ou xogar aos dados. Durante as Saturnalia, cando menos desde o ano 217 a. C., celebrábase banquetes públicos, entre eles un hamado lectisternium, que se ofrecía ao deus coa súa imaxe presente na mesa.

   As Saturnalia, xa co nome de Brumalia (de bruma, borraxeira), seguíronse celebrando ata mediados do s. IV d. C., cando estoicos e cristiáns lograron prohibir os excesos que provocaban."


Fragmento extraído del libro" Trece Noites Trece Lúas. Libro das Marabillas do Nadal" Escrito por Antonio Reigosa e ilustrado por Noemí López.



Volver a la Portada de Logo Paperblog