'Faite un home.
Non movas as mans.
Non cruces as pernas.
Non fales así.
E sinte, dunha vez, como medra o odio na entreperna.'
------
'A miña memoria son millóns
que me preceden,
unha mancha de sombras.
Disque mulleres estériles,
solteironas,
incompletas.
Sen un home.'