La empresa organizadora del Certamen, es decir el Pazo de La Saleta, y solo en caso de empate, utilizará su voto para decidir quién es el ganador del dicho certamen.¡Muchas gracias y mucha suerte e inspiración para todos los participantes!
Queridos amigos, é un pracer comunicarvos que abrimos o prazo para a recepción de poemas a concurso no III Recital de Poesía "Nosa Musa a Camelia". Tralo éxito do ano pasado, esperamos que este ano aumente a participación xa que, no Pazo de A Saleta, creemos que todos levamos un poeta dentro que se esperta coa musa adecuada. ¡E que mellor que a camelia en plena floración para inspirarse!
BASES DO CONCURSO
- Os poemas terán como inspiración a flor da camelia.- As obras deberán ser orixinais e inéditas, que non se publicaron total nin parcialmente por calquera procedemento impreso ou electrónico. O seu autor responde da propiedade intelectual da obra presentada e da súa autoría, así como de non ser copia nin modificación doutra obra propia ou allea.
- Acéptanse un máximo de dous poemas por autor.
- Estarán escritos en castelán ou en galego.
- Extensión mínima de catro versos e máxima de corenta.
- Os participantes terán que ser residentes en España.
- Prazo para a recepción de poemas, ata o 1 de decembro. Serán enviados por e-mail a [email protected] en dous arquivos adjuntos en formato Word: O poema ou poemas nun arquivo e os datos do autor noutro arquivo separado, en igual formato. Os datos mínimos esixidos son o nome do autor ou o seu pseudónimo, lugar de residencia e un número de teléfono móbil se é posible. Na súa falta, un teléfono fixo.
- Os poemas que non cumpran estes requisitos non serán admitidos a concurso. Só se notificará por e-mail a admisión dos que cumpran estas premisas.
-As obras que non sexan premiadas, non se devolverán en ningún caso e serán destruídas.
- O fallo do xurado será inapelable.
- O poema ganador anunciarase o día do recital, cuxa data de celebración comunicaremos coa suficiente antelación e será no mes de decembro de 2015. Publicarase a información tamén nas nosas redes sociais.
- O ganador levarase un diploma ilustrado pola diseñadora Amai Rodríguez, dúas entradas para a visita guiada ao xardín (sen caducidade) e algúns recordos artesanales de A Saleta. Ademais, os dous poemas ganadores serán publicados no noso blog e o primeiro premio ademais publicarase na revista Literarte.
-O autor do poema ó que se lle outorgue a mención especial, terá tamén dúas entradas para a visita guiada ó xardín (sen caducidade) e un diploma testimonial de dita mención. Tamén se publicará no blog.
- Si os poetas ganadores non asisten ao recital, enviaráselles todo ao seu domicilio.
Os membros do xurado -que decidirán por maioría-, serán:
- O poeta Xavier Seoane, unha das grandes voces da poesía galega contemporánea.- O poeta, escritor e articulista pontevedrés Alexander Vórtice.
- A poetisa, escritora e directora de revista Alborada GOIZALDIA e ganadora recente do Premio de Crítica Granada Club polo libro "As fiestras da vida", a bilbaína María José Mielgo Busturia.
- O poeta ganador do II Certamen celebrado o ano pasado, Abraham Fidel Ortiz Lugo.
- A lectora de poesía María Esther Troncoso, como representante do público lector de poesía.
A empresa organizadora do Certamen, é dicir o Pazo de A Saleta, e só en caso de empate, utilizará o seu voto para decidir quen é o ganador do certamen.
¡Moitas grazas e moita sorte e inspiración para todos os participantes!
Pazo de A Saleta.