Foto de Iago Pillado
" eos="" data-orig-size="1716,1812" sizes="(max-width: 775px) 100vw, 775px" data-image-title="Sculpture_of_the_Celso_Emilio_Ferreiro_head_in_Celanova,_Ourense,_Galicia" aperture="aperture" />Foto: Iago PilladoSon un rosmón
faltón
con opinión,
dicindo a falsidade núa
pola rúa.
Nunca fun usuario
de smartphone suntuario
nin tampouco autoritario.
Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo ó Celso tal cal é.
Sei da cotizad’ hamburguesa
e do fedor prefixado.
O pen gárdase na carteira
e o virus ronda a diario.
Ando sen brisa,
nada altera o meu glosario,
nin pauta o meu dicionario.
Non teño medo
do que o tipo tragará,
porque sei que tarde ou cedo
o que ha de recibir chegará.
Noraboa ou nugallá?
¡Tanto me dá!
Ogallá
me colla ido a noticia.
¡Que gran Leticia
non ver chegar o que virá!
Pra o gran receso
xa está o acceso,
acolá moi lonxe, unha lameira
que no mundo prenderá
e queimará
o fedento cheirume.
Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo ó Celso tal cal é.
Pedro Caramelo (a.k.a. Simón de Eiré a.k.a. “o Boinas”)