Revista 100% Verde

Vilar de Fraga - Soandres-Laracha- A Coruña - Galicia - E...

Por Nofler @nofler8

Vilar de Fraga - Soandres-Laracha- A Coruña - Galicia - España
drive.google.com/file/d/0B2VXobFXl7eALVM1dTJjR3NfMUk/view …
NON É LUGAR UNHA FRAGA PARA FACER UN CLUB DE TIRO OLIMPICO
Artículo original:
https://blogsostenible.wordpress.com/2017/06/01/salvemos-vilar-de-fraga-bosque-gallego-peligro-club-tiro-plomo/  @blogsostenible 
 
Artículo sobre VILAR DE FRAGA:
http://asociacionpetondolobo.blogspot.com.es/2017/05/requiem-por-unha-fraga-e-un-rio-o.html?m=1
Salvemos Vilar de Fraga: Un bosque galego en perigo por construír un club de tiro ao prato
@VilarDeFraga 
Vilar de Fraga - Soandres-Laracha- A Coruña - Galicia - E...
Unha fraga galega é un bosque galego, sacra para os que a amamos e respectamos a súa herdanza, e lugar fascinante, onde conviven fauna e flora. No municipio da Laracha (A Coruña), atopamos Vilar de Fraga con grandes carballos, castiñeiros, acivros, bidueiros, avellanos... albergue de curuxas, bufos, jabalíes, píntegas, lagartos... nacemento de troitas no río Anllóns, o cal rodea ese lugar tan marabilloso (ver vídeo máis abaixo).
A Fraga sempre foi fraga, no reino de Galicia e nos arquivos históricos, sempre virxe, sen tocar, de aí a toponimia, VILAR DE FRAGA. O seu chan é rústico de protección natural, con miles de organismos vivos, líquenes, brión e todo tipo de seres vivos, réptiles únicos e en perigo de extinción.
Esta Fraga estaba cortada por un gran camiño real, cuxa anchura chama a atención de expertos, rodeado de grandes muros de pedra, un perfecto túnel de natureza que atravesaba a fraga, cego de luz, lugar de sombras, cuxo teito eran as grandes ramas das grandes árbores que cubrían o camiño. Ese camiño, que cruza o río Anllóns e continua cruzando varias estradas, hoxe é recoñecido por expertos como a presunta e perdida Vía Romana XX, Vía Per-Loca Marítima, descoñecido tramo antes dos episodios de destrución que relatamos a continuación.
Vilar de Fraga - Soandres-Laracha- A Coruña - Galicia - E...
En 2014, de ruta pola fraga, sentín a pena máis grande da miña vida: as grandes árbores foran tallados, moitos outros tirados sobre o camiño cuxo paso quedou practicamente pechado. Un presaxio caía sobre a fraga. Algo moi terrible ía suceder.
Vilar de Fraga, bosque galego esnaquizado por un club de tiro olímpico.E así foi. Comezaron a construción dun Club de Tiro Olímpico no lugar sacro dunha fraga galega. En 2015, comezou a primeira alegación a esa obra no Concello de Laracha, sen resposta ata hoxe. A partir de aí, o Comité de Defensa das Rías Altas (CDRA), tomou a iniciativa de levar a cabo unha serie continuada de denuncias, investigacións, rutas, manifestacións, publicacións, entrevistas, reportaxes, e difusión en redes sociais. Todo, para denunciar que os PERMISOS están MAL CONCEDIDOS (é chan rústico de protección natural), aínda que conta con permisos concedidos tales como os de Augas ou Medio Rural, que se supón defenden a auga e os bosques.
A talla de árbores, o chumbo dos disparos e os restos de pratos rotos son e serán a evidencia de que non son permisos adecuados, pois non protexen a natureza, senón que, ao contrario, CONTAMINAN e DESTRÚEN. Así o afirmou o fiscal ao presentar a segunda denuncia sobre a devandita obra faraónica e de altísimo impacto ambiental nun lugar tan sensible.
Vilar de Fraga - Soandres-Laracha- A Coruña - Galicia - E...
Lugar supostamente protexido, esta fraga virxe galega está situada nun dos comezos do río Anllóns que desemboca en Ponteceso, aos pés do fogar do que foi soado escritor galego, Eduardo Pondal, que menciona, nunha parte do himno galego o valeroso chan!.
A auga do río Anllóns é un caudal valioso, máis aínda en Carballo, onde beben das súas augas. Miles de estudos indícannos o grave que sería a contaminación por chumbo.
Vilar de Fraga - Soandres-Laracha- A Coruña - Galicia - E...
A día de hoxe (1 de xuño de 2017), desde a denuncia da CDRA na fiscalía do día 5/1/2017, xa haberá máis de 15 denuncias en diferentes organismos e ningunha administración paralizou as obras para investigar estes feitos. As obras continúan avanzando en quendas de mañá e tarde. En tres meses, entre outubro e decembro do pasado ano, construíron un inmenso edificio, que é como un cemiterio nuclear en terra sacra.
Non é lugar, unha FRAGA GALEGA, para facer un CLUB DE TIRO.
Valoren vostedes se queren destruír unha fraga ou devolver o seu lugar sacro a VILAR DE FRAGA.
https://www.youtube.com/watch?v=8TLgtMlQXy4

Volver a la Portada de Logo Paperblog