Revista Deportes

TROFEO IRENE GONZALEZ Y HOMENAJE AL CHORIMA FEMENINO: "Nuevos tiempos, iguales obstáculos federativos"

Publicado el 17 agosto 2014 por Jmporense @futbolbaseymas

O Friol estrea a lista de campións do Irene González As luguesas derrotaron ao Sárdoma por 4-1 en Narón
Dous equipos que non levan máis de dúas semanas traballando e aos que xa se lles ven feituras, sobre todo ás friolenses que disputaron un granpartido, inauguraron o Trofeo Irene González, nome de gran pioneira do fútbol feminino galego. Ao Sárdoma notóuselle a carga de traballo físico desta última semana en Samil e Castrelos, por outro lado, algo normal neste momento do ano.
Dous equipos que non levan máis de dúas semanas traballando e aos que xa se lles ven feituras, sobre todo ás friolenses que disputaron un granpartido, inauguraron o Trofeo Irene González, nome de gran pioneira do fútbol feminino galego. Ao Sárdoma notóuselle a carga de traballo físico desta última semana en Samil e Castrtempo nin de espazo. Leva o gol no ADN. Recibiu un balón perpendicular e, a cinco metros da frontal, controlou e orientou o corpo mentres ollaba a posición adiantada de Otegui. O coiro acabou na rede (1-0). Ían 7 minutos. No minuto 14 Natalia, imitouna no outro lado do campo. Á segunda que tivo, desta na frontal, viu a ubicación de Jéssica, e tampouco dubidou para afastar o coiro dos brazos da meta, subindo o 1-1. A partir desde momento comezou o festival da súa homónima do Friol. Aumentou a súa presenza permanente no contacto co balón, conseguiu desequilibrar a liña rival por asociacións ou por accións individuais e o seu fútbol intenso acabou cun gol, en lanzamento cruzado desde o bico esquerdo da área segundo o ataque, que sorprendeu a Otegui perto da media hora (2-1). O primeiro tempo puido rematar cun novo gol das amarelas. Fany Varela, recuperada felizmente da súa cirurxía de cruzado, xuntou o seu instinto ofensivo á precisión mandando o o esférico á escuadra.
O segundo tempo naceu co equilibrio na posesión dos equipos. Tony Pazó experimentou, mesmo no risco de perder amplitude e experiencia, deixando no vestiario á destra Fátima e á esquerda Yaiza. A súa aposta de futuro ten nomes como Ildara ou Yaiza Cameselle, xogadoras ás que non lles asusta competir, como tampouco a Laurita, 14 anos de ousadía futbolística, que logo substituiría a Irina. Tamy gañou protagonismo na faixa central pero as viguesas non foron capacesde quebrar a orde do Friol. Polo contrario, sobrepasada a hora, un centro ao segundo pau de Eva xuntou a calidade do envío á natural intelixencia posicional de Fany Varela para que a de Outeiro de Rei, de cabeza, ampliara a diferenza (3-1). O partido, desde ese momento, encamiñou o gañador. O Friol continuou apretando ao Sárdoma no centro do campo. O 4-1 foi a consecuencia dun devir propio dunha "killer". Eva enfiou unha liña imaxinaria e ideal entre centrais para recibir, encarar e bater a Otegui. Logo do remate, Anita, capitá do Sárdoma, ergueu o trofeo de subcampioas e Fany Varela, do Friol, a copa de cristal que acredita ao cadro de Geluco Villar como primeiro campión do Trofeo Irene González.
Ficha do partido:I TROFEO IRENE GONZÁLEZ
VENRES 15/08/2014 (18,30) Campo: O CADAVAL (Narón) (100)
C. PELUQUERÍA MIXTA FRIOL: 4 - SÁRDOMA C.F.: 1 (2-1)
FRI: Jéssica; Lara, Raquel, Raisa (Paula 75'), Tere (Patri 75'); Lucía Pardo, Ceci, Rosado, Natalia, Fany Varela; Eva. Tre. Geluco Villar. (Banco: Mary).
SAR: Otegui; Ana, Desi, Paula, Anita; Fátima (Ildara D), Raquel, Irina (Laurita 62'), Tamy, Yaiza (Yaiza Cameselle D); Natalia. Tre. Tony Pazó. (Banco: Anita (g)).
Goles: 1-0 Eva 7'; 1-1 Natalia 14'; 2-1 Natalia 26'; 3-1 Fany Varela 61'; 4-1 Eva 77'.
Árbitro: Miguel Piñón López (Galego-Ferrol). Auxiliares: González Grimaldos e Leira Fernández.
Disciplina: CA: Fany Varela 80'; Tamy 86'.
Incidencias: Con anterioridade celebrouse unha homenaxe ao C.F. Fem. Chorima, equipo naronés das temporadas 1983/84 a 1985/86, no que estiveron presentes 30 xogadoras daquela época.
Foto: Friol e Sárdoma ao final do partido. (c) Revista do Fútbol Feminino Galego.
30 anos esquecidas. Chorima, ou a importancia de recoñecer ás pioneiras
Que a inauguración do Trofeo Irene González fose en Narón, tiña un motivo principal. Que iso fose no Cadaval, outro, cincelado no primeiro.
Hai 30 anos e medio o primeiro equipo federado en Ferrolterra xogaba o seu primeiro partido oficial. A data, 8 de xaneiro de 1984, a inaugural da segunda edición da Liga Galega, xuntara nun campo de grava da parroquia naronesa de Santa Icía, o de La Solana, ao noso protagonista, Chorima, e ao Virgen del Rocío vigués. O C.F. Fem. Chorima recollía, probablemente de xeito inconscente, a testemuña doutros como o Ferrándiz ou do Eumesa, perdidos na memoria da maioría e que participaran en partidos amigables desde finais da pasada década dos sesenta nesta comarca. Ferrándiz, Eumesa, Karbo, Mayador ... tamén xogaban desde antigo contra o costumismo da sociedade e contra as imposicións dun réxime político que, entre as liberdades básicas, neste caso a través do brazo de Pilar Primo de Rivera e a súa Sección Femenina, castraba a liberdade da muller para xogar a fútbol. O Chorima, sen chegar ao primeiro lustro post-franquista de vida democrática, representa o xesto simbólico, vital e material dos primeiros pasos para a integración da muller no fútbol. Chorima, Santo Cristo, A Pallota, Salnés Lois, Virgen del Rocío, Brigantium, Maravillas, Karbo só e na súa integración no Deportivo, Mayador, só e na súa integración no Celta, dan ese primeiro paso. Seguramente nin elas son conscentes do que significou a súa praxe, as máis das veces por antepoñeren a súa vontade para particar un deporte, que retiraba do seu pensamento a importancia do acto que estaban desenvolvendo. 30 anos despois, mesmo que elas continúen restando importancia, o fútbol débelles a súa pegada.
Hai uns meses, na realización dunha reportaxe, a redación desta Revista contactou cunha xogadora do Chorima, Loly Castro, grazas a quen pudemos organizar, un domingo pola mañá, unha reunión con varias. O que simplemente ía ser iso, un traballo xornalístico, derivou no impensado. Algúns ollos comezaron a se mollaren demais e aquela emoción contaxiounos. Da reunión non debía saír só un texto e un par de fotos
Había que facer algo máis, a homenaxe que nunca tiveron, a homenaxe que merecían e que nunca reclamaron, e facer que sentiran, nun partido xogado con tres decenios de atraso, o orgullo e a felicidade de seren futbolistas, de seren pioneiras.
O día 15 de agosto de 2014 a comunión entre os nosos desexos, da Revista e delas, e sobre todo as súas emocións, xuntáronse. Trinta FUTBOLISTAS do Chorima saíron ao campo para recibiren a súa homenaxe colectiva no contexto do I Trofeo Irene González que se celebrou en Narón por elas, que se celebrou no campo do Cadaval porque foi, en determinados momentos, tamén parte da historia do equipo.
Por ser o Narón Balompé Piñeiros o actual titular do recinto municipal, quixemos que as chorimistas defrontaran ás xogadoras do equipo azulado. Ao térense desmarcado da colaboración coa Revista os dirixentes do club gobernado por Fausto Rivera e Javier Rodríguez, en dúas cartas moi expresivas enviadas á FGF, e polo excesivo celo posto pola delegación local dirixida por Manuel Ángel Mesa García quen, conscente ou inconscentemente, tentou deslucir un acto no que a promoción do fútbol feminino e a mostra de respecto ás pioneiras podía saír prexudicada, o partido debeu ser contra ex xogadoras do Narón.
Curiosamente, e tal vez sen que Fausto Rivera, Javier Rodríguez ou Mesa García souberan da imitación, os obstáculos que foron colocando permanentemente, sobre todo na última semana, axudaron a darlle máis realismo ao evento, colocándonos en situacións de alerta como cando nos anos oitenta, os clubs femininos citados tiñan que loitar contra os problemas que lles seguían dando equipos masculinos e algunhas delegacións da FGF. Novos tempos, vellos métodos. Aquelas mulleres futbolistas, trinta anos despois continuaron soportando a mesma falta de sensibilidade de entón dalgúns dirixentes e dun federativo de agora.
O resultado, obviamente, foi o de menos. As escenas de emoción vividas, sobre todo ao comezo, con xogadoras que se atopaban logo de tantos anos, os ollos brillantes das que sempre serán futbolistas, unhas vestidas de curto e outras xa non, pagou todos os esforzos que provocaron esta xuntanza. O reencontro serviu para formular novos retos e o Chorima xa está reclamando unha nova oportunidade para demostrarlles ás ex futbolistas do Narón que a idade non é impedimento para competir.
O 15 de agosto de 2014, no Cadaval, lugar que tamén foi escenario dos seus partidos, cando non podían xogar sobre a grava de La Solana, o Chorima saíu da memoria para volver ser un equipo de fútbol real, un equipo de verdade, un equipo cun espírito inmorrente. FORZA C.F. FEM. CHORIMA!!!
As protagonistas son, con maiúsculas moi grandes:
ROSA - NORES - CLARA - MARÍA JOSÉ - BEGO - ELENA - e outra ELENA - GELIS - MONCHI - ANA - CARMEN - BELÉN - SARI - ADELA - MERCHI - MILI - VIR - PILI - ESTEFI - MAR - e outra MAR - VANE - AMELIA - JULI - ÁNGELES - NUSKY e LOLY (que foi quen conseguiu xuntar a todas menos ás que viven fóra, ANUSKA, en Australia, e BELENCHA).
Foto: O Chorima, con camisetas especiais para a ocasión, ao final do seu partido de onte. Con elas, a seleccionadora galega e presidenta de MUDEGA, Pilar Neira Martínez, que lles entregou no nome da Revista unha lembranza de recoñecemento como pioneiras. (c) Revista do Fútbol Feminino Galego.
Futbol Base y mas

Volver a la Portada de Logo Paperblog